O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o mércores 4 de febreiro o nomeamento de Gonzalo Dávila como Vigués Distinguido 2026. En xuño de 2016 Gonzalo Dávila foi nomeado director de Cáritas diocesana de Tui – Vigo, cargo que desempeñou ata o verán de 2025. Ó longo deses 9 anos, o exdirector de Cáritas desempeñou un papel moi relevante no fortalecemento institucional e na consolidación da súa acción social.
Durante a súa etapa ó fronte da entidade, Cáritas Tui-Vigo avanzou en ámbitos estratéxicos clave, como a consolidación das Cáritas Federadas de Galicia, o impulso do primeiro Plan Estratéxico de Cáritas Tui-Vigo ou o desenvolvemento de iniciativas innovadoras orientadas á inserción sociolaboral, entre otros moitos.
Entre estas líneas de actuación destaca a apertura da primeira tenda solidaria textil Koopera Store, actualmente Moda Re, así como a posterior implantación doutros recursos vinculados á economía a favor das persoas en procesos de exclusión. Así mesmo, baixo a súa dirección, Cáritas Tui-Vigo configurouse como Axencia Autorizada de Colocación, reforzando o seu compromiso co acceso ao empleo como vía fundamental de inclusión social.
A súa traxectoria estivo igualmente vinculada á sensibilización social e cultural, organizando programas como o Ciclo de Cine Social, concebidos como espacios de reflexión e conciencia colectiva.
A vinculación de Gonzalo Davila coa entidade caracterizouse sempre por unha vivencia da fe entendida como servizo e compromiso co ben común. A súa labor destacou polo seu trato próximo, a súa actitude discreta e a súa entrega constante, sempre dende a humildade e a convicción de que a acción social é, ante todo, unha tarefa compartida.
Este nomeamento supón un estímulo para seguir avanzando na misión de Cáritas, reafirmando o seu compromiso coa xustiza social, a solidaridade e a construción dunha sociedade máis fraterna.