14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe
14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe

#HazMemoria: O patrimonio na Igrexa

#HazMemoria: O patrimonio na Igrexa

Na sexta semana da campaña #HazMemoria que a Conferencia Episcopal Española puxo en marcha xunto cos medios de comunicación  EcclesiaTrece e COPE, o contido céntrase na presenza dos sacramentos na vida dos cristiáns.

O patrimonio na Igrexa

A fe dos cristiáns maniféstase en obras de vida cristiá. A caridade é unha expresión notable da fe, pero o mesmo impulso do cristianismo que resoa no Xénese coa súa “sede fecundos e multiplicádevos, movédevos pola terra e dominádea” e o evanxeo de Marcos coas palabras do Señor “ide por todo o mundo e anunciade o Evanxeo” produciu unha gran transformación na vida social, cultural e política.

No mundo da arte, as primeiras expresións da capacidade creativa do Evanxeo faise visible xa nas catacumbas romanas. En canto o cristianismo é recoñecido polo Imperio Romano, no primeiro cuarto do século IV, a expresión da fe móstrase en templos e lugares de culto na que os cristiáns se reúnen.

En España, as primeiras expresións artísticas da fe datan tamén do século IV. En Palencia, a parroquia de S. Juan de Baños de Cerrato, foi construída no século VII, en plena dominación  visigótica e segue sendo unha referencia artística de primeiro nivel.

  • Desde o comezo da súa actividade en España, hai 20 séculos, a Igrexa contribuíu á creación dun patrimonio de gran valor social, cultural e relixioso.
  • Os fieis axudaron a que, co mecenado da Igrexa, xurdisen catedrais, ermidas, basílicas ou igrexas en todo o territorio nacional.
  • Os grandes movementos artísticos da historia creceron no noso país da man da Igrexa: románico, gótico, barroco, renacemento, clasicismo teñen as súas mellores expresións en obras da Igrexa.
  • O patrimonio da Igrexa, do pobo de Deus, está ao servizo do conxunto da sociedade e do ben común, e forma parte do patrimonio cultural español.
  • Este patrimonio é de orde material en toda a súa extensión: edificios, pinturas, esculturas, retablos, obras literarias ou pezas musicais brota do xenio creador inspirado polo cristianismo.
  • En moitos lugares creou tamén un patrimonio inmaterial, vinculado á identidade dun pobo que se fai visible en peregrinacións, festas populares, romarías, etc.
  • A Igrexa dedica unha parte dos seus recursos á conservación do patrimonio para que siga dando testemuño da presenza do pobo cristián.
  • Na actualidade, a Igrexa coida e conserva a maior cantidade de bens de interese cultural no noso país. Ese empeño é signo manifesto da súa responsabilidade.

Unha valiosa expresión de fe

A ampla expansión do cristianismo deu orixe en toda Europa a numerosos movementos artísticos de gran nivel. No século  XI o románico esténdese como a expresión artística máis relevante e numerosas igrexas do norte de España, xa libre da invasión musulmá, constrúe as súas igrexas e catedrais nese estilo, sendo os seus principais representantes as catedrais de  Sigüenza, Zamora,  Urgel, Ávila ou Santiago de Compostela.

A partir do século  XIV, procedente de Francia a través do Camiño de Santiago, chega o gótico que ten tamén a súa principal presenza na metade norte de España. Así seguirá pasando co resto dos movementos artísticos que atopan na Igrexa un lugar privilexiado para a creación artística.

Alén das pedras

A arte non só se expresa nos edificios. Este patrimonio é de orde material en toda a súa extensión: edificios, pinturas, esculturas, retablos, obras literarias ou pezas musicais brota do xenio creador inspirado polo cristianismo. As pinturas e esculturas, os retablos e os cadeirados das catedrais seguirán os canons de cada momento, do  románico, ao gótico, ao  barroco, ao renacemento, etc.

O mesmo a literatura e a música veranse enriquecidas con composicións literarias e musicais de primeiro nivel. Detrás de moitas desas obras que serán parte da historia de España está en moitos casos o impulso da Igrexa, que a través de bispados, mecenas e cabidos e sempre coa colaboración de artistas e artesáns locais configuraron unha cultura vinculada ao cristianismo.

Na creación dese patrimonio os fieis contribuíron de maneira eficaz. En boa parte coas súas achegas económicas que, en modo de mecenado da Igrexa, fixeron xurdir catedrais, ermidas, basílicas ou igrexas en todo o territorio nacional.

Tamén participaron como man de obra non só na construción, senón tamén na restauración, ata os nosos días. Hoxe como entón, os membros da comunidade cristiá atopan nos templos da localidade a máis valiosa expresión da fe do pobo e colaboran co seu tempo e o seu diñeiro ao seu mantemento e restauración.

En moitos lugares, o patrimonio material creou tamén na súa contorna un patrimonio inmaterial, vinculado á identidade dun pobo que se fai visible en peregrinacións, festas populares, romarías, etc. Tanto un coma o outro, foron declarados en moitos lugares de España, bens de interese cultural e están ao servizo do conxunto de toda a sociedade. A propiedade do pobo de Deus, material e inmaterial, redunda en beneficio de toda a sociedade pois atrae visitantes e turismo, e sostén unha importante industria cultural de gran valor.

A Igrexa, por iso, emprégase en dedicar unha parte importante dos seus recursos á conservación do patrimonio para que siga dando testemuño da presenza do pobo cristián e, na actualidade, coida e conserva a maior cantidade de bens de interese cultural no noso país. Ese empeño é signo manifesto da súa responsabilidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp