19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Homenaxe da Universidade de Vigo a D. Celso Rodríguez (sacerdote e docente universitario)

Homenaxe da Universidade de Vigo a D. Celso Rodríguez (sacerdote e docente universitario)
D. Celso - sacerdote y catedrático de la UVigo-

O venres 6 de febreiro ás 12:00hrs. a Universidade de Vigo, a través da Facultade de Filoloxía e Tradución, realizará un homenaxe ao sacerdote D. Celso Rodríguez Fernández. D. Celso – como era coñecido na Universidade- foi docente de filoloxía latina durante case corenta anos. O homenaxe vaise realizar na Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus Universitario Lagoas-Marcosende. O recoñecemento por parte da Universidade consistirá na doación dun busto de madeira de D. Celso, realizado polo escultor Antonio Manuel Rodríguez González.

Estarán presentes no acto D. Manuel Reigosa, rector da Universidade de Vigo; D. José Montero, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución,  D. Antonio Manuel Rodríguez González, autor do busto e Mons. D. Antonio Valín, bispo de Tui – Vigo.

A continuación nos facemos eco dunha breve semblanza biográfica sobre D. Celso, realizada por Francisco José Ledo Lemos – Doctor en Filoloxía Clásica-:

D. Celso estudou primeiro no Seminario Diocesano de Tui, onde foi superando dende os 12 anos de idade os doce cursos da carreira eclesiástica para poder ser ordenado sacerdote; despois fixo estudos durante tres anos na Universidade Gregoriana de Roma, conseguindo o título de licenciado en Teoloxía e, máis tarde, o de doutor; tamén estudou na Universidade de Salamanca, na que completou, a maiores, unha segunda licenciatura en Filosofía e Letras pola rama de Clásicas.

De alí pasou a Santiago de Compostela, onde fixo o doutorado en Filoloxía Clásica e empezou a súa carreira como docente. Cando en 1972 creouse en Vigo o Colexio Universitario, antiguo CUVI, dependente da USC, formou parte do primeiro cadro de docentes que daba clases nel, ó principio sen edificio propio, pois este non chegaría ata o 1977.  Metido de cheo na creación e impulso na outra Facultade de Humanidades, en 1995 converteuse en catedrático da nova universidade e continuou exercendo este cargo ata outubro de 2013.

O certo é que non paraba e as súas múltiples tarefas en tantos frentes, e tan distintas, o obrigaban a multiplicarse de maneira que se fixeron célebres entre os seus colegas, a forma de como dormir no seu despacho. Recalcando así a idea de que aproveitaba cada minuto que tiña, pero pese a vivir sometido ó que hoxe calificaríase coma un tremendo estrés, xamais perdía o bo humor nin o seu carácter servicial.

D. Celso Rodríguez Fernández morreu o 10 de xuño de 2021 á idade dos 88 anos.