20 de Abril de 2026,
Santa Inés de Montepulciano

Igrexa polo Traballo Decente denuncia que a brecha dixital exclúe ás mulleres do emprego digno

Igrexa polo Traballo Decente denuncia que a brecha dixital exclúe ás mulleres do emprego digno

Igrexa polo Traballo Decente (Cáritas, CONFER, HOAC, JOC, JP, JEC), con motivo do Día Internacional da Muller, denuncia que non será posible unha sociedade xusta mentres millóns de mulleres seguen vivindo na exclusión, e en novas formas de desigualdade vinculadas á dixitalización.

ITD pon este ano o foco neste fenómeno crecente: a brecha dixital e a súa influencia no acceso ao emprego e aos dereitos laborais, que afecta especialmente ás mulleres.

Segundo o IX Informe FOESSA un terzo dos fogares vulnerables (moitos encabezados por mulleres), viven situación de “apagamento dixital”. E se unha muller non pode acceder ás novas tecnoloxías tampouco poderá inscribirse en ofertas de emprego, ou iniciar trámites administrativos.

ITD alerta da escasa participación feminina no desenvolvemento de plataformas e intelixencia artificial, e reclama ás institucións políticas que axuden a paliar estas dificultades.