15 de Xaneiro de 2025,
San Mauro abad

II Encontro das Comisións de Sostemento e Corresponsabilidade

II Encontro das Comisións de Sostemento e Corresponsabilidade

Este sábado 21 de outubro, na Aula Magna do Seminario Maior de Santo Martín Pinario, o arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto, presidiu o II Encontro da Comisión de Sostemento e Corresponsabilidade da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.

Nesta reunión participou como relatora Pilar Arias, subdirectora de Administración Diocesana do arcebispado de Madrid, que centrou a súa intervención na captación de subscricións na Parroquias.

Esta Comisión ten como principais finalidades a de crear un espazo de encontro, diálogo e acción na Curia e outras entidades eclesiais, deseñar unha planificación anual de actividades de corresponsabilidade, fomentar a corresponsabilidade como forma de vida,  facilitar que os fieis poidan colaborar e compartir os dons de tempo talento e diñeiro, desenvolver un plan que permita manter actualizados o compromiso e a implicación do clero, de apoiar as parroquias e outras entidades eclesiais na celebración de campañas, potenciar as TIC nas doazóns e comunicación, elaborar propostas sobre o sostemento da actividade pastoral de la Iglesia, etc.