19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll
19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll

III Encontro «Construíndo familia»

III Encontro «Construíndo familia»

O sábado 22 de abril, ás 10.30 horas, nos locais parroquiais da nosa Señora do Rocío, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo convoca o III encontro «Construíndo familia», aberto a toda a provincia eclesiástica de Galicia e impartido polo sacerdote franciscano Miguel da Mata, sobre acompañamento. Esta xornada de formación é froito do encontro interdiocesano que, a finais do mes de setembro de 2022, reunión a medio centenar de axentes de pastoral familiar das dioceses galegas que iniciaron o seu proceso de formación sobre o acompañamento, piar fundamental da tarefa pastoral.

Sobre Miguel da Mata Merayo, OFM

Naceu en Ponferrada (León) en agosto de 1966. En 1987, comezou os seus estudos de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e, posteriormente, licenciouse en Ciencias da Educación —na especialización de Pedagoxía para a Formación Relixiosa— na Pontificia Universidade Salesiana de Roma. Na actualidade, compaxina as súas responsabilidades como sacerdote franciscano coas súas tarefas como profesor de Teoloxía Pastoral en Instituto Teolóxico Compostelán.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp