Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, arciprestado da Louriña, organiza este domingo 8 de marzo a terceira edición do seu festival solidario, que contará coa actuación do grupo folk tradicional Donicelas, O Serán e o grupo de teatro de Celeiros-Ponteareas A Pedra do Cabalo, que interpretará a obra “A pantasma de papá”. O evento comezará ás 18:00 horas no auditorio municipal de Salceda de Caselas.
As entradas poderanse adquirir o mesmo día do festival, e teñen un prezo de 3 euros, sendo gratuitas ata os 10 anos. Haberá tamén posibilidade de participar mediante a Fila 0, doando ese diñeiro a través do número de Bizum 08323, co concepto “Festival”.
O recadado vaise destinar a sufragar os gastos da actividade social de Cáritas no Arciprestado da Louriña, donde a ONG atende a 70 familias.