16 de Febreiro de 2026,
Santa Juliana

Inauguración da exposición «Beléns do mundo»

Inauguración da exposición «Beléns do mundo»
Piezas de la «Exposición de belenes» en la catedral de Tui, durante las Navidades 2020-21.
Foto: Pieza de la «Exposición de belenes» en la catedral de Tui, durante las Navidades 2020-21.

O sábado 21 de decembro, ás 19.00 horas, a asociación «Amigos da Catedral de Tui», en colaboración co cabido catedralicio, inaugura a exposición «Beléns do mundo», na catedral tudense. Como cada ano, a catedral de Tui acolle máis de 300 beléns procedentes dos cinco continentes, que constitúen unha fermosa expresión de arte e devoción popular de máis de cincuenta países.

A partir do sábado, a exposición poderá visitarse no horario habitual de apertura do templo catedralicio: pola mañá desde as 10.45 ata as 14:00 horas, de luns a sábado, e desde as 09.00 ata as 12.45 horas, durante os domingos; pola tarde poderá accederse desde as 16:00 horas ata as 19:00 horas calquera día da semana.

Ademais da exposición «Beléns do mundo», o venres 3 de xaneiro de 2025, ás 17.00 horas, a asociación «Amigos da Catedral de Tui» organiza unha nova edición do «Concurso de Panxoliñas», co obxectivo de revitalizar as tradicións de Nadal, especialmente entre os máis novos.