14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

Inauguración de «Ágora: escola de formación teolóxica, ministerios e servizos»

Inauguración de «Ágora: escola de formación teolóxica, ministerios e servizos»
FOTO.- El salón de actos del Seminario Mayor en Vigo acogió el acto de inauguración de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» | © Noelia Reyes

O mércores 1 de outubro, ás 20.00 horas, «Ágora: escola de formación teolóxica, ministerios e servizos», organismo diocesano de formación vinculado ao Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo, inaugurará o curso académico 2024-2025 no salón de actos do Seminario Maior. inscrición ten un custo individual de 30€.

 A escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, toma impulso redefiníndose como unha «Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.