12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Inauguración de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

Inauguración de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»
Foto: El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, asistió al acto de clausura para entregar los diplomas del medio millar de participantes.

O mércores, 5 de outubro de 2022, ás 20 horas, no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, a Vigairía de Pastoral inaugura o 2º curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» que, durante o seu primeiro curso, contou coa participación de máis de 50 persoas segrares e relixiosos de distintos ámbitos da pastoral diocesana. Agora, desde outubro e ata abril, retoman as clases para continuar profundando nas materias de Teoloxía Moral, O misterio de Deus, Introdución ao Novo Testamento e Antropoloxía Cristiá, que, nesta ocasión, alternaranse con tres seminarios sobre temas concretos.

«Hoxe dámonos conta de que os nosos laicos son unha parte indispensable da nosa vida pastoral. Evidentemente, os laicos son a maioría da Igrexa que teñen unha misión singular na evanxelización, polo que necesitan unha formación teolóxica», así o expresou Mons. Luís Quinteiro, no acto de inauguración do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo, o pasado mércores 28 de setembro. Neste sentido e en relación á escola Ágora, Mons. Luís Quinteiro resaltou que esta necesidade de formación Teolóxica debe ser unha responsabilidade de toda a Igrexa, por iso «temos que investir talentos, economía e todo o que teñamos, porque a nosa riqueza son as persoas».

Sobre «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

A escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, redefiniuse no ano 2021 como unha escola de Teoloxía, ministerios e servizos, cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.

Para axudar a profundar na fe da Igrexa, o plan de estudos da escola componse de 12 materias de introdución á Teoloxía, repartidas en tres cursos e catro liñas específicas de formación: Lectorado, Acolitado, Catequese e Voluntariado. Basearase nun modelo básico, sistemático e integral de ensino xunto cunha metodoloxía participativa na que se combina o ensino maxisterial do docente co traballo persoal do alumno.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp