A Igrexa tamén se sostén grazas ás achegas voluntarias de todas aquelas persoas, crentes ou non, que valoran o labor que leva a cabo, principalmente, desde as parroquias. É unha axuda próxima, real, cálida.
Porque as parroquias teñen un papel fundamental para os barrios e pobos nas que se atopan: desde facilitar espazos onde as persoas poden desenvolver actividades solidarias, culturais e lúdicas, ata a posta ao dispor daqueles que máis o necesitan: atención, un teito, afrontar un mal momento persoal ou económico…
Ademais de marcar a casa da X na declaración da renda, a Igrexa lembra a importancia dos donativos, que presentan incentivos fiscais moi significativos, como se explica a continuación. Nun momento no que, debido á pandemia, reducíronse os ingresos das parroquias e multiplicáronse as necesidades, resulta fundamental a colaboración de todos.
Subscricións periódicas
As subscricións periódicas, por pequenas que sexan, axudan ás dioceses e parroquias a elaborar orzamentos e facer previsións do seu labor a medio e longo prazo.
Legados e herdanzas
Son moitas as persoas que inclúen á Igrexa no seu testamento para que o labor da Igrexa permaneza.
Donativos
Podes doar na páxina web www.donoamiiglesia.es e no teléfono 900109130.
Fonte: Portal xTantos.