10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

Indicacións da Santa Sé sobre a celebración do Triduo Pascual e o sacramento da reconciliación na actual situación de pandemia

Indicacións da Santa Sé sobre a celebración do Triduo Pascual e o sacramento da reconciliación na actual situación de pandemia

A Congregación para o Culto Divino emitiu o xoves 19 de marzo un decreto para marcas as pautas de celebración do Triduo Pascual e a Misa Crismal naqueles países que padecen restricións debido á loita contra a pandemia de coronavirus Covid-19.

Nel establécese que se manteñen as datas do Triduo Pascual e da Pascoa, corazón do ano litúrxico, e que as celebracións poden seguirse en directo de forma telemática. Ademais, suspéndese o lavatorio dos pés e a procesión co Santísimo Sacramento do Xoves Santo, así como o lucernario ao comezo da Vixilia Pascual. Tamén ofrece a posibilidade de trasladas as procesións de Semana Santa, propoñendo como datas alternativas o 14 e 15 de setembro. O documento enteiro pódese ler aquí.

Por outra banda, a Penitenciaría Apostólica vén de publicar unha nota sobre o sacramento da reconciliación na actual situación de pandemia, que pode consultarse nesta ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp