18 de Febreiro de 2026,
San Eladio

Infancia Misioneira 2026: “A túa vida, unha misión”

Infancia Misioneira 2026: “A túa vida, unha misión”

Este domingo celebramos a Xornada Pontificia da Infancia Misioneira co lema “A túa vida, unha misión”. Infancia Misioneira é unha obra do Papa que promove a axuda entre tódolos nenos do mundo, facendo un chamamento a que os máis pequenos axuden a outros nenos coma eles nas misións, especialmente aos que peores situacións viven ou a aqueles que non coñecen a Deus.

Con todo o diñeiro recaudado, que ponse á disposición do Santo Pai, pódense sustentar as iniciativas infantís que desenvolve a Igrexa nos territorios de misión. As aportacións van a diversas obras: hospitais, colexios, catequese… Hai máis de 1131 territorios de misión, con máis de 2600 proxectos de educación, salud, protección de vida e evanxelización… En total son máis de 4 millóns de nenos os atendidos en 120 países.

O país que máis aportou económicamente na Xornada da Infancia Misioneira do ano 2025 foi España, permitindo con esta axuda atender a máis de 700000 nenos e nenas de todo o mundo.

O Papa Francisco dicía que “aos débiles, especialmente aos nenos, debemos darlles o mellor que temos”. É por iso que, aínda que o foco desta xornada a teñan os nenos, todos somos misioneiros, e cada un pode coa súa oración ou aportación axudar tamén nesta causa para que, como dicía Francisco, lles podamos dar sempre o mellor.