A delegación diocesana de Catequese abriu o prazo de inscrición para participar no Encontro Diocesano da Catequese que se desenvolverá o sábado 20 de maio , de 10.30 a 19 horas, no colexio Maristas de Tui e que está dirixido a nenos e adolescentes que se atopan no proceso de formación de iniciación cristiá das parroquias da diocese de Tui-Vigo. As parroquias interesadas en sumarse a esta iniciativa deberán presentar a inscrición debidamente cumprimentada antes do domingo 7 de maio.
Tal e como se especifica no Plan Pastoral 2022-2023, esta delegación diocesana quere xerar espazos de encontro entre nenos e adolescentes de diferentes realidades parroquiais, para celebrar e compartir xuntos a alegría da Catequese. Así mesmo, ademais deste Encontro Diocesano da Catequese, o sábado 5 de maio, de 10.15 a 13.30 horas, no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, a delegación prepara unha Asemblea Diocesana de Catequistas, na que se presentará o proxecto catequético «Vinde e veredes», creado pola Conferencia Episcopal Española e baseado na metodoloxía Montessori.