A intelixencia artificial protagonizará o acto académico que o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo organiza para celebrar a festa de santa Catarina de Alexandría, patroa dos filósofos. O luns 25 de novembro, a as 12:00 horas, a capela do Seminario Maior acollerá a celebración eucarística presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín.
A continuación, ás 13.15 horas, o profesor titular do departamento de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial da Universidade da Coruña, Enrique Fernández Blanco, impartirá a relatorio «Intelixencia artificial: unha forza para o ben ou un risco para a humanidade?», co obxectivo de profundar nas principais vantaxes que ofrece o uso desta ferramenta na sociedade actual, á vez que analiza os principais retos e riscos que conleva a súa utilización.
En ambos os casos, a entrada é libre para sacerdotes, membros da vida consagrada e todos os seglares que estean interesados.