18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Interior declara a Cáritas Tui-Vigo entidade de utilidade pública

Interior declara a Cáritas Tui-Vigo entidade de utilidade pública
Foto: Logotipo de Cáritas de Tui - Vigo

O Ministerio do Interior do Goberno de España dictou unha resolución pola cal declara a Cáritas Diocesana de Tui-Vigo como entidade de utilidade pública. Este recoñecemento, firmado pola Secretaría Xeral Técnica do Ministerio, sitúa á organización dentro do marco da Lei Orgánica 1/2002, que distingue a aquelas asociacións que destacan polo seu labor na integración e participación cidadana.

¿Qué significa ser unha entidade de utilidade pública?  

Segundo a normativa vixente, esta declaración se otorga a entidades sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios promoven o interés xeral. Para obter esta condición, a institución debeu demostrar que conta con medios adecuados e unha organización idónea para o cumplimento dos seus fins, ademais de levar en funcionamiento de forma efectiva durante al menos os dous anos anteriores á solicitude. A resolución confirma que Cáritas Tui-Vigo reúne todos os requisitos tras o examen das súas memorias, xustificacións e informes de diversos departamentos, incluido o do Ministerio de Facenda. 

Cáritas Tui-Vigo desenvolve o seu labor a través dunha rede composta por profesionais e mais de catrocentas persoas voluntarias na nosa diocese. A entidade centra gran parte dos seus esforzos na autonomía e a inserción de persoas en situación de exclusión a través de proxectos clave como o programa de emprego, a empresa de inserción ou a vivenda clara.