25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Isabel, ilusionada por vivir a súa primeira JMJ  

Isabel, ilusionada por vivir a súa primeira JMJ  
Foto: A la izquierda, la viguesa Isabel Tamayo que participó como voluntaria en la JMJ

Na actualidade, Isabel Tamayo estuda Enfermería en Portugal. Viguesa de toda a vida, a fe formou parte da súa vida desde que era unha nena, grazas á súa familia e ao seu colexio San José de Cluny. Con 17 anos, comezou a asistir á «Oración Joven» que, cada mércores, organiza a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo no templo parroquial do Corazón de María, en Vigo. Desde entón, participa en todas as actividades que organiza a delegación e espera con ilusión viaxar a Lisboa para vivir a súa primeira JMJ.

«Iso de ver ao papa faime moita ilusión», explica Isabel cando lle preguntan por que lle gustaría participar na JMJ, da que xa oíra falar con anterioridade e á que non puidera acudir pola idade. Sobre o que vivirá durante eses días en Portugal, expresa: «creo que  vai ser algo impresionante e que, igual que me marcou a PEJ, esta vai ser unha experiencia que me marque na vida». A pesar de non participar en ningunha JMJ, recomenda a todos os mozos anotarse porque «para empezar, pode ser alucinante, pero, ademais, vivir a fe e compartila con xente á que queres e con mozos e mozas de todo o mundo enche a alma e que, polo menos a min, pode facerme verdadeiramente feliz».

Á Peregrinación Europea da Mocidade—unha experiencia similar á JMJ, pero en menor escala—, Isabel inscribiuse, do mesmo xeito que toda a xuventude de Galicia, como voluntaria para acoller aos peregrinos que do 1 ao 7 de agosto peregrinaron cara á cidade do apóstolo.  Para ela, esta experiencia «foi algo super gratificante. A miña xenerosidade puido aumentar, porque axudar a que  os peregrinos se sentisen acollidos, forzábate a sacar a túa mellor versión». Agora, á JMJ, non asistirá como voluntaria, senón como unha peregrina para descubrir o rostro xoven da Igrexa universal.

Regresa ao especial sobre aJMJ

Regresa á reportaxe especial sobre Xornada Mundial da Mocidade que terá lugar en Lisboa, do 1 ao 6 de agosto de 2023, para coñecer todo acerca do plan que a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo está a organizar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp