9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

ITD advirte que a pandemia debilita o dereito ao traballo

ITD advirte que a pandemia debilita o dereito ao traballo

Insta a garantir o acceso a medidas de protección social para quen non poidan traballar ou as súas condicións laborais non lles permitan chegar “a fin de mes”

Reclama un amplo diálogo para configurar un novo contrato social baseado na centralidade da persoa, o traballo decente e o coidado do planeta.

Baixo o lema «AGORA MÁIS QUE NUNCA: TRABALLO DECENTE!», a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) lanza un Manifesto con motivo do 1ª de Maio no que alerta como o impacto da pandemia está a debilitar o dereito ao traballo, e empobrecendo, precarizando e descartando a millóns de traballadoras e traballadores, principalmente mulleres e xoves.

Esta deterioración —advirten as entidades de inspiración cristiá que impulsan en España esta iniciativa (Cáritas, Conferencia Española de Religiosos, CONFER, Hermandad Obrera de Acción Católica, HOAC, Justicia y Paz, Juventud Estudiante Católica JEC y Juventud Obrera Cristiana JOC)— provoca que “o dereito ao traballo estea en risco, o que supón que o pacto social entre en crise e, con iso, a propia democracia”.

Cambiar o sistema produtivo para pór ás persoas no centro

Para ITD, esta profunda crise pon de relevo a necesidade dun cambio de sistema produtivo, baseado en traballos que acheguen valor, suxeitos a unhas condicións laborais dignas, e onde as persoas estean no centro. É urxente subliñar, nese sentido, a importancia do traballo como actividade humana que acrecenta a dignidade de cada persoa e das súas familias, á vez que participamos no coidado do conxunto da sociedade e do planeta.

O Manifesto denuncia a destrución no último ano de miles de empregos, provocados por moitos dos ERTE postos en marcha que se resolveron en despedimentos. Así mesmo, os empregos considerados esenciais –moitas veces exercidos en condicións precarias, tanto a nivel laboral como de protección sanitaria—, tampouco se viron recoñecidos nunha mellora das súas condicións. “E as medidas de protección social deseñadas para paliar os efectos da crise –afírmase— non chegou ás persoas que máis o necesitan, como tampouco sucedeu co subsidio temporal previsto para as traballadoras do fogar ou o ingreso mínimo vital”.

Outra das consecuencias sociais da pandemia é o agravamento das condicións de pobreza entre a poboación migrante en situación administrativa irregular, onde o desemprego e a economía informal son maioritarios, sen posibilidade de acceso ao sistema de protección.

Ante este panorama, ITD insta “agora máis que nunca a adoptar as medidas necesarias para conseguir que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan manter unha vida digna e unha protección social que chegue a todas as persoas que o necesitan”. No Manifesto expóñense algunhas medidas urxentes para reconducir a situación, como son:

  • Redefinir a idea do traballo como actividade humana e configurar novas políticas que aseguren a cada persoa traballadora “algunha maneira de achegar as súas capacidades e o seu esforzo” á construción do ben común.
  • Potenciar o traballo con dereitos e seguro en calquera relación laboral e para todas as persoas, sen distinción de idade, sexo ou procedencia.
  • Garantir o acceso a medidas de protección social para quen non poidan traballar ou as súas condicións laborais non lles permitan chegar “a fin de mes”.
  • Lograr o recoñecemento social e laboral dos empregos esenciais para a vida, cunhas condicións laborais dignas.
  • Promover un diálogo con toda a comunidade política, sociedade e institucións para configurar un novo contrato social baseado na centralidade da persoa, o traballo decente e o coidado do planeta.
  • Impulsar a incorporación da mocidade ao mercado laboral nunha sociedade golpeada por unha crise sanitaria social e económica, creando oportunidades reais de acceso ao traballo digno.

Dadas as limitacións actuais para levar a cabo actos de rúa, ITD convida a celebrar este Primeiro de Maio mediante xestos de oración persoal ou comunitaria, xunto a unha “mobilización dos balcóns” para dar visibilidade a estas reivindicacións nas xanelas dos nosos domicilios.

A mobilización en redes sociais levarase a cabo co hashtag:  #AhoraMásqueNuncaTrabajoDecente.

Situación do emprego

  • Desemprego: 3.719.800 (1.728.400 homes e 1.991.400 mulleres. EPA 4T2020)
  • Paro de longa duración: 1.521.000 persoas que levan máis dun ano en paro e delas, 885.000 levan máis de dous anos.
  • Taxa de paro: 16,13% (25,58% na poboación estranxeira).
  • Temporalidade: 24,63%.
  • Persoas incluídas en ERTE: 500.000
  • Fogares con todos os seus membros en paro: 1.197.000
  • Fogares sen ingresos (EPA3T2020): 599.000 fogares, onde residían 1.075.000 persoas.
  • Diferenza entre os salarios máis altos e os máis baixos: 4.000 euros. (CCOO)
  • Fogares onde o seu sustentador principal mantén unha relación moi insegura co emprego (Cáritas): 7,8 millóns de persoas (16,4% das familias)
  • Traballadores e traballadoras pobres: Case 2,5 millóns (13% dos traballadores e traballadoras)
  • O 34,6% non traballa as horas que lle gustaría nin durante os períodos de tempo que querería.
  • O 48,1% dos traballadores e traballadoras teñen xornada a tempo parcial indesexada.
  • 615.000 traballadores e traballadoras na economía informal.
  • Un de cada catro fogares (o 24,8%) sustentados por unha persoa en situación de inestabilidade laboral grave recibe algún tipo de prestación por desemprego ou renda mínima de inserción.
  • Mortes no traballo (MTES): 708 traballadores e traballadoras.
  • Accidentes graves: 3.505 traballadores e traballadoras.
  • Accidente con baixa laboral: 485.365 traballadores e traballadoras.
  • Accidente sen baixa laboral: 518.979 traballadores e traballadoras.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp