25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

IV Consello Diocesano de Pastoral

IV Consello Diocesano de Pastoral

Baixo a presidencia do noso bispo, D. Luis Quinteiro Fiuza, o sábado 5 de xuño de 2021 reúnese a Plenaria do CDP no Seminario Maior de Vigo para a revisión da Programación Pastoral 2020-21 e a proposta para o vindeiro curso, 2021-22.

Despois do rezo de Tercia e da lectura da acta da xuntanza anterior, o noso bispo chama a non perder a forza e a esperanza para podermos saír desta difícil situación que estamos a vivir. D. Luis debulla na súa intervención o itinerario a seguir: o camiño, que é o da proximidade; o método: afrontar os retos diarios, vivir cada día os seus problemas; os retos que se nos presentan como Igrexa diocesana e que se poden resumir nunha palabra: atención. Asemade o bispo quere manifestar publicamente no seo do CDP para que este o transmita a todos os recunchos da diocese, o seu agradecemento a todas as parroquias polos esforzos feitos ao longo deste tempo de pandemia, no que a presenza da Igrexa foi moi importante. Afirma que a xente non perdeu a confianza na Igrexa, e que os templos foron lugares seguros grazas ao esforzo de todas e de todos.

Deseguido o Vigairo de Pastoral pide escoitar das diferentes voces presentes na plenaria as súas impresións ao respecto de como se viviu este tempo de pandemia, abríndose unha rolda de diálogo da que poderiamos entresacar estar liñas principais:

  1. Non se cesou na atención ás persoas máis necesitadas, aínda que si se perdeu o contacto humano.
  2. As novas tecnoloxías: YouTube, WhatsApp, Skype convertéronse nun mar de evanxelización, permitindo o contacto interpersoal na distancia.
  3. Maior implicación das familias na catequese.
  4. Un denominador común: o medo.
  5. Cando se puido volver á presencialidade nas celebracións, constátase unha baixada do número de persoas que asisten.
  6. As persoas maiores aparecen coma as grandes prexudicadas da pandemia, fundamentalmente pola soidade que sufriron e que tentou ser mitigada a través do contacto e a escoita telefónicos.
  7. As persoas con algún tipo de discapacidade tamén sufriron o seu ao verse privadas da súa rutina e das súas actividades.
  8. A vida interna das diferentes comunidades relixiosas tamén se viu altamente afectada polo confinamento.
  9. Replantexamento de vida ou reconstrución aparecen como dous termos fundamentais ligados a esta dura situación.
  10. No eido do ensino, constátase que foi un curso moi moi difícil: medo, frío, tensión, aulas virtuais…

Pola súa banda, D. Xosé Vidal realiza unha análise desta situación desde a Vigairía de Pastoral. Afirma que non se pode avaliar o Plan Pastoral 2020-21 porque non se puideron desenvolver as accións propostas xa que foi un longo outono e un longuísimo inverno de incertidumes, con concellos perimetrados, sen poder ter xuntanzas, con xente confinada… o que impediu que se puidesen desenvolver as accións propostas, pois a presencialidade só se puido recuperar cara a final de curso.

Despois dun café con leite para repoñer forzas, retomamos a xuntanza. O Vigairo de Pastoral explica que na última xuntanza da Comisión Permanente celebrada no mes de abril propúxose, e así se lle propón hoxe á plenaria, manter este mesmo plan pastoral para o vindeiro curso 2021-22, pois tanto os obxectivos propostos como as accións nel contidas seguen sendo perfectamente válidas.

A asemblea decide asumir este plan para o curso 2021-22.

Ademais, desde a Comisión Permanente sinálanse tres acontecementos e accións que van ter lugar o vindeiro curso e que pensa deben estar recollidas no novo plan: o Sínodo dos Bispos, o proxecto dunha Escola de Teoloxía para Segrares e a creación do Servizo Diocesano para o Catecumenado.

Agora a Comisión Permanente do CDP redactará o borrador do Plan Pastoral 2021-22, que será enviado ás persoas que forman a plenaria e, unha vez aprobado polo Bispo, aos Delegados Episcopais para que elaboren as súas programacións.

En setembro distribuirase a todas a diocese e… a levalo á práctica!

Almudena Suárez Cerviño

Secretaria do CDP

El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
El Seminario Mayor San José acogió una nueva reunión del Consejo de Pastoral.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp