10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

IV Consello Diocesano de Pastoral

IV Consello Diocesano de Pastoral

Crónica da reunión do 22 de febreiro de 2020

Baixo a presidencia do noso bispo, D. Luis Quinteiro Fiuza, o sábado 22 de febreiro de 2020 reúnese a Plenaria do CDP no Seminario Maior de Vigo para valorar o desenvolvemento do Plan Pastoral 2019-20 e dialogar ao respecto das accións do Plan Pastoral para o vindeiro curso, 2020-21.

Comeza a xuntanza coas palabras do noso bispo, quen reflexiona sobre o novo clima que se asenta na Igrexa coa chegada do Papa Francisco. Un clima que se manifesta en todos os seus escritos, sobre todo no documento programático, a exhortación apostólica Evangelii gaudium. D. Luis sinala que Francisco afronta na Igrexa retos que son en realidade retos da humanidade, buscando camiños novos para responder a eles.

D. Luis afirma que este novo clima tamén se manifesta na Conferencia Episcopal Española, e que froito disto foi o Congreso de Laicos celebrado en Madrid do 14 ao 16 de febreiro; un congreso ben preparado, que amosa un rostro moi interesante da Igrexa: un clima de comuñón e sinodalidade. Por iso, invita a todas as persoas que forman o CDP a traballar na diocese o reflexionado no Congreso.

Despois de facer entrega da Programación Pastoral 2019-20, o Vigairo de Pastoral, D. Xosé Vidal toma a palabra para lembrar as tres accións que constitúen o Plan Pastoral deste curso 2019-20:

  1. Acción 1: Crear “Grupos parroquiais para comunicar a vida e compartir a fe”.
  2. Acción 2: Organizar un curso de formación para dirixentes de ADAP.
  3. Acción 3: Promover unha campaña de sensibilización sobre as persoas migrantes.

A información ao respecto de cada una destas accións faise en dous momentos: primeiro informa a persoa responsable da acción, ofrecendo datos de participación e seguimento; seguidamente, ofrece o seu testemuño e vivencia algunha persoa que está a participar en cada unha desas accións.

Despois dun pequeno descanso, as persoas do CDP que asistiron ao Congreso de Laicos en Madrid relatan a súa experiencia no mesmo.

De seguido, D. Xosé Vidal distribúe dous documentos de cara á realización do Plan Pastoral 2020-21. Un primeiro documento é o relatorio final do Congreso de Laicos, na que se poden atopar “pistas” sobre o reflexionado e o horizonte aberto en dito Congreso e que pode axudar para elaborar as accións do vindeiro Plan Pastoral. No segundo documento, aparecen recollidas as achegas do CDP para o Plan de Pastoral, así como o método de traballo a seguir.

D. Xosé Vidal informa da folla de ruta:

  • a partir do día de hoxe e ata o 19 de marzo, está aberto o prazo para que as persoas que forman o CDP fagan as súas achegas para o Plan Pastoral 2020-21 por correo electrónico ben á secretaria, ben ao vigairo de pastoral.
  • a partir do día 20 de marzo, a comisión permanente elaborará un borrador que se enviará a principios de maio ao CDP e ao Consello de Presbiterio.
  • sábado 6 de xuño, reunirase a plenaria do CDP para votar o Plan Pastoral e entregarllo ao Bispo para a súa aprobación.

Remata a asemblea coas palabras do bispo, quen de novo agradece a presenza das persoas asistentes, invitando a esforzarnos por poñer en valor as tres accións deste Plan e animando a facer achegas para o vindeiro Plan.

Almudena Suárez Cerviño

Secretaria do CDP

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp