8 de Marzo de 2026,
San Juan de Dios

IV Retiro de Emaús para mulleres

IV Retiro de Emaús para mulleres

Do 24 ao 26 de outubro de 2025, a parroquia de San Francisco de Asís en Vigo organiza o IV retiro de Emaús para mulleres no convento franciscano de San Diego de Canedo, en Ponteareas. Esta iniciativa, que está inspirada na pasaxe bíblica dos discípulos de Emaús, está dirixida a todo o mundo, con independencia da súa situación persoal, e constitúe un bo instrumento de apostolado encamiñado a espertar e dinamizar a vida de diocese e parroquias, xa que, unha vez finalizado o retiro, realízanse reunións semanais para vivir e alimentar a fe en comunidade.

inscrición a este retiro de Emaús ten un custo de 160 euros por persoa en cuarto dobre. As mulleres maiores de 30 anos interesadas en participar neste retiro de Emaús deben encher o seguinte formulario on-line. Para máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico emausmujeres.sanfranciscovigo@gmail.com.

Os retiros de Emaús nacen en 1978 nunha parroquia de Miami en EEUU da man do seu párroco, David Russel, e unha freguesa chamada Mirna Gallager, quen lle propón facer algo con outros cinco fregueses. Na oración descobren esta pasaxe de Emaús e así xorde o primeiro retiro en 1978. A partir de aí foise estendendo en EEUU, Sudamérica e Europa, chegando a España (Madrid) en 2010 e expandíndose por toda España —A Coruña será a primeira cidade galega en sumarse a esta iniciativa en 2019—.