A delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo abriu o prazo de inscrición para participar na Xornada Mundial da Mocidade, JMJ, que o papa Francisco convocou en Lisboa, do 1 ao 6 de agosto de 2023. Previamente, os mozos e mozas participarán nos «Días nas dioceses» e, posteriormente, reuniranse en Coimbra con todos os participantes da provincia eclesiástica de Galicia para compartir a experiencia e crear vínculos entre as distintas dioceses galegas. Así, o plan que propón a delegación diocesana de Tui-Vigo abarcará do 26 de xullo ao 8 de agosto, cun custo de inscrición de 495 euros que inclúen transporte, aloxamento, comidas e as diferentes actividades previstas na JMJ.
A Xornada Mundial da Mocidade é un encontro da mocidade de todo o mundo no que se pretende proporcionar a todos os participantes unha experiencia de Igrexa universal, fomentando o encontro persoal con Xesucristo. É convocado polo papa cada dous, tres ou catro anos nunha cidade á súa elección.
«María levantouse e partiu sen demora» (Lc 1, 39) é a cita bíblica elixida polo papa Francisco como lema da Xornada Mundial da Mocidade, que terá lugar por primeira vez en Lisboa, capital de Portugal. A frase bíblica abre o relato da visita de María á súa curmá Isabel, un episodio bíblico que segue ao anuncio do anxo a María de que ía ser a nai do Fillo de Deus, que foi o tema da última JMJ, en Panamá.
Itinerario da delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria para a JMJ 2023
Días na diocese de Faro
Encontro de españois
JMJ en Lisboa
Encontro coa mocidade de Galicia
A JMJ en vídeo
Vídeo-mensaxe do papa Francisco
Experienciassobre a Xornada Mundial da Xuventude
Samuel Montes, delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria: «Os mozos necesitan ter experiencias de Iglesia xoven»
Marta e Óscar participaron na JMJ de Cracovia en 2016
Isabel, ilusionada por vivir a súa primeira JMJ
Que o diñeiro non sexa un problema!para participar en na Xornada Mundial da Xuventude de 2023
A delegación ofrece opcións para que o diñeiro non sexa un problema
Materiais informativossobre o plan diocesano para a Xornada Mundial da Xuventude de 2023
CARTEL
FLYER
Noticias sobre a Xornada Mundial da Xuventude de 2023
Mozos e mozas da diocese de Tui-Vigo na JMJ de Lisboa 2023
Máis dun centenar de mozos da diocese de Tui-Vigo participaron na Xornada Mundial da Mocidade, do 1 ao 6 de agosto en Lisboa
Paula Quintela: «Despois desta experiencia podo afirmar a miña fe con maiúsculas»
Son Paula Quintela, viguesa e estudante de Medicina, participou na súa primeira Xornada Mundial da Mocidade, este verán.
Carlos Estévez: «Saio da JMJ renovado, cheo de graza e con ganas de compartir a alegría de Deus co mundo enteiro»
Son Carlos Estévez, un tudense de 16 anos que, xunto con outros mozos, acaba de vivir a súa primeira Xornada Mundial da Mocidade.
Isabel, ilusionada por vivir a súa primeira JMJ
Isabel Tamayo participou como voluntaria na PEJ, o pasado verán. Agora, espera con ilusión participar na JMJ de Lisboa e ver ao papa.
Samuel Montes, delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria: «Os mozos necesitan ter experiencias de Iglesia xoven»
Samuel Montes, delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria, conta como se están desenvolvendo os preparativos para a JMJ 2023.
Marta e Óscar participaron na JMJ de Cracovia en 2016
Marta Caride e Óscar del Valle participaron na JMJ de Cracovia de 2026. Agora, animan a outros mozos a non perderse a JMJ de Lisboa 2023.