10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

José Diéguez Dieppa, novo Vigairo para o Clero

José Diéguez Dieppa, novo Vigairo para o Clero

O venres, don José Diéguez  Dieppa tomaba posesión do seu novo cargo coma Vigairo Epicospal para o Clero da Diocese de Tui-Vigo. Ante o Bispo e o Consello Episcopal, don José tomaba posesión do cargo facendo profesión de fe ante os membros do Consello Episcopal.

Actualmente, don José Diéguez  Dieppa, non só é Vicario para o Clero, senón que tamén foi nomeado Deán-Presidente do cabildo da catedral de Tui, Delegado Episcopal de LiturxiaArcipreste de Miñor e párroco de San Xoán de Panxón.

O oficio de Vigairo.

Tal e como declara o Dereito Canónico, os oficios de Vigairos xerais e episcopais exércense en colaboración co Bispo diocesano, quen ostenta a liberdade para o nomeamento e a  remoción dos Vigairos.

Para que un sacerdote poida ser nomeado Vigairo ha de cumprir as condicións mínimas que estipula o Código de Dereito Canónico: «ser sacerdote, de idade non inferior aos trinta anos, doutor ou licenciado en dereito canónico ou en teoloxía, ou polo menos verdadeiramente experto nestas materias, e coas calidades de sá doutrina, honradez, prudencia e experiencia na xestión de asuntos».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp