29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

Juan González: «Teño medos e dúbidas, pero estar no Seminario faime feliz»

Juan González: «Teño medos e dúbidas, pero estar no Seminario faime feliz»
Foto: Juan González compartió su testimonio durante la Oración Joven, del miércoles 14 de septiembre.

O domingo 11 de setembro, comezou o curso no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, coa incorporación dun novo seminarista que o pasado mércores, 14 de setembro, compartiu o seu testemuño na Oración Xoven que a Pastoral Xuvenil e Universitaria organiza de maneira semanal no templo parroquial do Corazón de María. Reproducimos as palabras pronunciadas por Juan, este mozo que camiña cara á súa vocación sacerdotal xunto aos seus compañeiros, Miguel, Fabián  e Javier.

Chámome Juan, son do Concello de Redondela, teño 22 anos e hai 3 días que son seminarista. Vou contarvos o meu proceso vocacional para que vexades como Deus actúa de maneira distinta en cada persoa.

Desde moi pequeno a figura do sacerdote da miña aldea chamoume a atención. Gustábame ir a misa, falar con el, e por iso, de pequeno, non dicía que quería ser astronauta ou futbolista, senón que quería ser cura. Co paso dos anos fun crecendo na fe: fixen a Primeira Comuñón; a Confirmación; ía a misa, sempre con esa idea de ser sacerdote. Co paso dos anos fixen novas amizades, empecei a saír de festa e isto fixo que empezase a ter dúbidas de se o Señor realmente chamábame para isto ou non. Entón decidín facer a carreira de Maxisterio, así tería catro anos máis para pensalo. Aínda así, nunca deixei de ir a misa e rezar.

Non foi ata o curso pasado cando decidín que tiña que tomar a decisión de entrar no Seminario ou seguir como mestre. Busquei un director espiritual que, coa súa axuda e a de Deus, conseguiu que fose abrindo os oídos á súa chamada. Así, unha vez terminada a carreira, puiden dar este gran paso. Como é lóxico teño medos e dúbidas, pero pódovos asegurar que estar no Seminario faime feliz.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp