Juan Vicente Boo, quen foi corresponsal do ABC no Vaticano durante 23 anos, presenta este luns na Casa do Libro (R/ Velázquez Moreno, 27) a súa obra “León XIV: el Papa de la nueva era”, unha análise da figura desconocida do Sumo Pontífice.
Juan Vicente Boo descubre, coa súa amplia traxectoria profesional e experiencia no coñecemento de Juan Pablo II, Benedicto XIV e Francisco, ao home que é León XIV, así como os retos, as respostas e os signos de esperanza dun pontificado chamado a marcar unha nova etapa.
Na presentación e firma, que será ás 19:30 horas, acompañan ao autor Mons. Antonio Valín, bispo da diocese de Tui-Vigo, e Mariel Larriba Leira, directora de Stella Maris.