20 de Xullo de 2024

,

San Apolinar de Rávena
20 de Xullo de 2024

,

San Apolinar de Rávena

Judith Jauregui, no XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera

Judith Jauregui, no XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera
FOTO.- La pianista Judith Jauregui | © Judith Jauregui, en su Instagram

O sábado 6 de xullo, ás 20 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, a pianista Judith ofrecerá un concerto no que interpretarán pezas de Chopin, Mompou e Grieg, no marco da XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito  concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras de músicos como Mozart, Chopin ou Hans Zimmer, entre outros. Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp