2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios
2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios

Koopera Cáritas abre a súa segunda tenda en Vigo, na súa aposta por crear emprego de inclusión e unha sociedade máis sostible

Koopera Cáritas abre a súa segunda tenda en Vigo, na súa aposta por crear emprego de inclusión e unha sociedade máis sostible

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo e Koopera abriron oficialmente hoxe, no número 22 da Avenida Florida, a súa segunda tenda de roupa “Koopera Store” en Vigo, que se suma á xa aberta en 2018 en C/ Urzaiz, 149. Esta nova apertura, con 120 m2 de tenda, permitiu crear 2 postos de traballo, que se suman aos xa creados coa primeira, e que conforman un persoal total de 15 traballador@ s de Servizos Comerciais de Inserción Laboral, empresa de inserción que xestiona o proxecto téxtil no territorio.

As empresas de inserción, e o proxecto Koopera Cáritas no seu conxunto, teñen como misión a incorporación ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, xa que o 50% delas contan cun contrato de inserción. Neste caso ademais, conséguese a través dunha actividade que, máis aló de coidar das persoas, coida do planeta e fomenta un consumo responsable.

O proxecto foi crecendo neste tempo, e conta xa con máis de 150 contedores de recollida de Koopera Cáritas, nos que a cidadanía deposita as súas doazóns que alcanzan un volume de máis de 921.086 kg ao ano, o que dá idea da xenerosidade e solidariedade da poboación de Vigo e outras cidades da Diocese. Agora, coa apertura desta segunda tenda, Cáritas e Koopera apostan aínda máis por un consumo local e sostible, así como por unha moda que axuda a xerar postos de traballo e dá unha nova oportunidade de uso á roupa.

O sinxelo acto de inauguración, acorde á realidade sanitaria que temos, contou coa presenza do Director de Cáritas Tui Vigo D. Gonzalo Davila, do Delegado Episcopal D. Javier Alonso, quen procedeu á bendición do establecemento, o Secretario Xeral D. Alfonso Moreno e o Administrador D. Miguel Mazorra.

Coa nova tenda, na Avenida Florida de Vigo, Koopera Cáritas ofrece aos seus clientes roupa de segunda man, así como xoguetes e libros, ademais de realizar entregas sociais de roupa a persoas que a necesiten.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp