20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

«La música en otros cuerpos», no XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

«La música en otros cuerpos», no XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

O sábado, 3 de xuño, ás 20 horas, a XV edición do Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o proxecto «La música en otros cuerpos», que interpretará obras de Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligert, Montsalvatge e Debussy.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras clásicas de músicos como L.V. Beethoven, Schuman ou Debussy, entre outros. Tamén contará coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia ou Locus Músicos que visibilizarán os cantos da tradición galaico-portuguesa.

Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp