12 de Abril de 2026,
San Julio I

Laicos da diocese de Tui-Vigo participaron nos exercicios espirituais para seglares

Laicos da diocese de Tui-Vigo participaron nos exercicios espirituais para seglares
FOTO.- Participantes en los ejercicios espirituales para seglares | © Delegación de Apostolado Seglar.

Entre os días 1 e 3 de maio, unha decena de seglares da diocese de Tui-Vigo participaron na quenda de exercicios espirituais que a delegación episcopal de Apostolado Seglar organizou no mosteiro da Transfiguración do Señor en Trasmañó, baixo o lema «Descansar en Cristo para máis amar e servir». O último día, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, acudiu ao mosteiro para presidir a eucaristía de clausura.

O delegado de Pastoral Vocacional e formador do Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago», Angel Carnicero, foi o encargado de dirixir as diferentes meditacións que viraron ao redor da sinodalidade e a comuñón.

A delegación de Apostolado Seglar recoñece que «foi unha magnífica oportunidade para compartir fe, oración e compromiso cristián entre os participantes e coa comunidade monástica de relixiosas benedictinas».