17 de Xullo de 2026,
Santa Marcelina

«Learse a manta á cabeza», para ver o papa León XIV

«Learse a manta á cabeza», para ver o papa León XIV

«Clara, ti xa non es tan nova». Ese foi o primeiro pensamento de Clara Guede, freguesa da parroquia da Nosa Señora do Carme en Vigo, cando soubo da visita do papa León XIV a España. Entón, lembrou todos encontro que vivira no pasado: as Xornadas Mundiais da Mocidade de Madrid e Lisboa, a visita de Benedito XIV a Santiago de Compostela ou o Xubileu da Mocidade en 205. Así o tivo claro: «vai vir o papa a España e vai estar en Madrid para a celebración do Corpus Christi e lieime a manta á cabeza. O meu marido en ningún momento dubidou de que fósemos ir. Coñéceme moi ben».

Así foi como comezaron a planificar a súa viaxe en tren desde Ourense, desde o venres ata o domingo. Aloxáronse cuns amigos, Araceli e Juan: «eles viven no centro cos seus 3 fillos e abríronnos as portas da súa casa». Ademais, non foron sós, porque coincidiron con parte da súa familia que tamén acudiu a ver ao santo pai.

O primeiro encontro con León XIV foi cando se dirixían a Colón: «as miñas sobriñas dicían “fixemos contacto visual co papa”. Cando o papa che mira a túa vida cambia. É unha bendición, un impulso para crecer en vida interior!», expresa Clara con emoción.

Aínda que non tiña previsto acudir á vixilia de oración cos mozos e mozas, a súa amiga Araceli terminou convencéndoa: «foi unha festa da fe. Houbo cantos de alegría, cancións que falan de amor e do Amor. O papa lembroume que o matrimonio é unha vocación —dou grazas por ela— e alzounos a mirada para que vexamos as vocacións como un agasallo. Que non teñamos medo!».

Da eucaristía que presidiu o papa León XIV na Praza da Cibeles, Clara destaca «a piedade e o recollemento» do pontífice durante a celebración. «Caloume a mensaxe de “volver a Cristo con amor sincero”. Tamén me levo unha misión: non encerrarme nunha devoción privada. O santo padre tróuxonos a paz, a alegría e a súa visita foi respondida cunha acollida multitudinaria de mozos e mozas españois cheos de fe e esperanza», afirma.