29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Lección sobre «Heidegger y el lenguaje» y homenaje a seis profesores

Lección sobre «Heidegger y el lenguaje» y homenaje a seis profesores
Foto: Acto académico de la inauguración del curso 2021-2022 del Instituto Teológico de Vigo.

O vindeiro mércores, 28 de setembro, o Centro Teolóxico «San José» de Vigo inaugura o curso académico 2022-2023, cunha lección inaugural sobre o filósofo alemán Heidegger e a linguaxe, que impartirá o profesor José Carlos Rodríguez. Previamente, ao acto académico, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía ás 11:30 horas na capela do Seminario Maior.

Ás 12:30 horas, comezará formalmente o acto académico co saúdo do director do Centro Teolóxico, Guillermo Juan Morado, seguido da lectura da Memoria 2021-2022, a cargo do secretario Juan José González.

Tras a lección inaugural impartida polo profesor José Carlos Rodríguez sobre «Heidegger e a linguaxe», o Centro Teolóxico fará unha homenaxe a seis profesores con motivo da súa xubilación: Avelino Bouzón, Leonardo Fuentes, Juan Luís Martínez, Anxo Marzoa, Avelino Muleiro e Juan Carlos Sendón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp