A Conferencia Episcopal Española, xunto cos medios de comunicación da Iglesia (Ecclesia, COPE e TRECE), busca motivar a lectura de Fratelli Tutti, a nova Encíclica do papa Francisco, quen a asinou en Asís, ante a tumba de San Francisco, o pasado 3 de outubro, e coa que propón que “sexamos capaces de reaccionar cun novo soño de fraternidade e de amizade social que non quede nas palabras”.
«Soñar lo posible» é o título desta iniciativa que ofrece dez craves para a lectura que se recompilan cada semana a través de textos e materiais audiovisuais, que serán difundidos a través das redes sociais mediante os hashtags #SoñarLoPosible e #FratelliTutti1/10 —esta última irá cambiando cada semana—. Os temas distribúense da seguinte forma:
- 21 de outubro: Soñar como unha única humanidade
- 28 de outubro: Unha nova cultura baseada na amizade
- 4 de novembro: As relixións, ao servizo da fraternidade.
- 11 de novembro: Ser o bo samaritano.
- 18 de novembro: Nun mundo escurecido, ninguén pode quedar excluído.
- 25 de novembro: Unha economía con principios éticos.
- 2 decembro: Os camiños de paz.
- 9 decembro: Unhas relacións internacionais fraternas.
- 16 de decembro: A mellor política.
- 23 de decembro: Mirar ao pasado con misericordia.
Desde a Conferencia Episcopal Española, convídase os participantes a compartir a súa experiencia a través dos hashtags sinalados co obxectivo de crear unha maior comunidade a través do social media.
NOTA: Incluir 2 botones que pongan:
- Clica para acceder a los materiales de «Soñar lo imposible».
- Clica para descargar la Encíclica Fratelli Tutti.