21 de Xullo de 2024

,

San Lorenzo de Brindis
21 de Xullo de 2024

,

San Lorenzo de Brindis

Los Angeles Children’s Chorus ofrece un concerto benéfico a favor de Cáritas

Los Angeles Children’s Chorus ofrece un concerto benéfico a favor de Cáritas

 O martes, 27 de xuño, ás 21 horas, na concatedral-basílica de Vigo, Los Angeles Children’s Chorus ofrecerá o quinto concerto da súa xira por España, dirixido por Steven Kronauer e o vigués Fernando Marvar-Ruiz. O concerto, de entrada libre ata completar o aforo, é unha colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, co obxectivo de recadar fondos para os proxectos desenvolvidos por esta institución caritativa da Igrexa.

Sobre Los Angeles Children’s Chorus

A organización coral Los Angeles Children’s Chorus (LACC) foi fundada en 1986 para interpretar a parte do coro infantil do Requiem de Guerra de Britten. Desde entón foi crecendo ata a actualidade con seis coros diferentes, con diferentes programas de Canto que comezan con nenos e nenas a partir dos 6 anos .

Baixo a dirección artística de Fernando Malvar-Ruiz, a organización LACC está formada por sete prestixiosos coros. O coro principal actúa frecuentemente coas principais orquestras como a Filharmónica de Los Ángeles, a Orquestra de Hollywood Bowl, a Master Choral dos Angeles, a Orquestra de Cámara de Los Ángeles, o Cuarteto Calder ou a Sinfónica de Pasadena, entre outras.

Destacan entre os seus premios, o recente premio GRAMMY 2022 á mellor interpretación coral coa Filharmónica dos Angeles, o premio Margaret Hillis no 2014 pola Chorus America en Excelencia Coral e o nomeamento ao Premio da Academia pola película Sing!.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp