O sábado 6 de xuño, ás 20:00 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, o barítono Luís Cansino e o pianista Arabel Moraguez protagonizan o terceiro encontro do XVII Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera. As persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.
A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados entre o 25 abril e o 12 de setembro . É necesario reservar previamente (donativo: 10 euros). Unha cita imprescindible que segue situando ao concello de Covelo nun referente cultural.