10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A Luz de Belén ilumina Tui

A Luz de Belén ilumina Tui

Onte, domingo 17 de decembro, o movemento de Scouts católicos Alhoia difundiu a Luz de Belén desde a catedral tudense para medio centenar de persoas asistentes ao encontro de oración co que se acollía esta Luz chegada desde Xerusalén, cuxo lema deste ano 2020 é «E a luz brilla na tebra» ( Jn 1, 4 – 5).

A Luz de Belén chegou o domingo 13 de decembro á catedral de Santa María a Real da Almudena, en Madrid, desde onde se repartiu ao resto de delegacións ata chegar a Santiago de Compostela, o pasado 19 de decembro. Ata alí, trasladáronse responsables do único grupo diocesano de  escultismo de Tui-Vigo,  Alhoia, que actualmente conta con 46 mozos, mozas, nenos e nenas, xunto a 9 monitores.

Este proxecto nace en Austria, a través dos Scouts e Guías deste país, que, coa colaboración das asociacións de  escultismo de diferentes países de Europa e outros continentes, reparten a Luz da Paz acesa por unha nena ou neno  austríaco na cova do Nacemento de Xesús en Belén. Unha vez acesa, a Luz distribúese desde Viena a todos os países participantes.

Ademais de distribuíla ás sedes de Scouts e Guías de todo o mundo, a Luz da Paz achégase a parroquias, fogares particulares, hospitais, residencias de anciáns, prisións e outras asociacións dos seus respectivos pobos e cidades para fortalecer a experiencia o Nadal a través dunha mensaxe de paz, amor e esperanza.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp