A JMJ de Lisboa comezaba para moitos dos mozos españois o 31 de xullo. Pola tarde, tiñan en Estoril a tradicional cita previa ao comezo oficial da JMJ: o «Encontro de españois» organizado por a Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia. O grupo de 127 mozos e mozas, acompañado polo bispo Mons. Luís Quinteiro, que peregrina coa delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo tamén participou no encontro nos xardíns de Estoril.
Máis de 36.000 mozos participaron deste encontro festivo que se desenvolveu en tres partes. Na primeira interviñeron os mozos cos seus testemuños de vida cristiá. Foi un momento para compartir e expresar vivir durante os meses de preparación á JMJ. Despois tiña lugar a eucaristía presidida polo cardeal Omella e concelebrada polos 64 bispos españois que xa chegaran a Lisboa; ademais de 900 sacerdotes chegados de toda España. Despois, ten lugar o Festival “Camiños de Mocidade”,no que participan artistas españois que animarán e encherán de alegría aos miles de mozos que participarán neste encontro.
Ás 22.00 horas comezaba este Festival presentado por Guillem Climent, de Megastar FM. Contouse coas actuacións de DJ Abraham; Unai Quirós; Aisha; Toño Casado; Nico Montero; Celia Salamanca; Marta Mesa; Juan Baena; A voz do deserto; Jesús Cabello; Miguel; e Grilex.
Durante o festival, houbo un agasallo para todos os mozos a cargo de Nacho Cano, compositor e director do musical Malinche, que interpretou, xunto a unha trintena de cantantes do musical, dúas cancións da obra que se pode ver actualmente en Madrid.





