12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Máis de 40 persoas súmanse á Confraría do Cristo da Vitoria en Vigo

Máis de 40 persoas súmanse á Confraría do Cristo da Vitoria en Vigo
FOTO.- Nuevos cofrades, junto a la directiva de la cofradía, el obispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín; el obispo emérito, Mons. Luis Quinteiro; y el arzobispo emérito de Compsotela, Mons. Julián Barrio | © Cofradía del Santísimo Cristo de la Victoria en Vigo

O venres 26 de xullo, coincidindo co inicio da novena en honra ao Cristo da Vitoria, na concatedral-basílica de Santa María en Vigo, máis de 40 persoas recibiron a medalla coa que se suman á Confraría do Cristo da Vitoria, entre eles, o bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, que, ademais, recibiu o título de confrade de honra. A celebración, á que tamén asistiu Mons. Antonio Valín Valdés, bispo deTui-Vigo, estivo presidida por Mons. Julián Barrio Barrio, arcebispo emérito de Santiago de Compostela, que, este ano, é o encargado de predicar a novena na honra ao Cristo.

Durante a celebración, a presidenta da confraría, Marora Martín-Caloto, xunto ao secretario, Carlos Borrás, e ao consiliario —e párroco da concatedral—, José Vidal, impuxo as medallas aos novos confrades; en total 45 novas incorporacións, aínda que só 40 puideron asistir á celebración. Tamén fixeron entrega do titulo de confrade de honra ao bispo emérito, Mons. Luís Quinteiro, quen expresou que a devoción ao Cristo da Vitoria «é unha devoción que nos salva a nós. Vós non soamente me colmades de gratitude con esta devoción, senón que me dades o camiño para seguir na miña vida; dádesme a devoción que vai protexer e alimentar a miña vida, para ser fiel a Xesucristo ata o final».

Desde o 26 de xullo e ata o 3 de agosto, durante a eucaristía das 20.00 horas, na concatedral-basílica, Mons. Julián Barrio será o encargado de predicar a novena na honra ao Cristo. Nunha entrevista concedida ao programa rexional de COPE, O Espello da Igrexa, o arcebispo emérito agradeceu a invitación para participar neste novenario que constitúe unha oportunidade para «poder acompañar a todos os devotos e devotas do Cristo da Vitoria», a quen desexa presentar a figura de Xesús. «Deus fíxose visible a través de Xesús e desde Deus pódese coñecer a imaxe do home autentico. Con esta perspectiva, oxalá eu acerte a dalo a coñecer mellor para que o poidamos amar máis e tratar de imitalo, vivindo en comuñón con el», manifestou Mons. Julián Barrio.

Ademais da novena, o sábado 3 de xullo, ás 12.30 horas, no Museo-Pazo Quiñones de León, levarase a cabo a lectura do pregón a cargo do xornalista e fundador do Atlántico Diario, Manuel Orío Ávila. Ese mesmo día, pero ás 20.30 horas, na concatedral-basílica, terá lugar o descendemento da imaxe do Cristo.

O 4 de agosto, festa do Cristo da Vitoria, haberá misas ao longo de todo o día e, ás 11.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a eucaristía solemne. Ás 19.30 horas, a procesión percorrerá as rúas da cidade olívica, cos grupos de baile da Agraupación dos Centros Culturais e Deportivos de Vigo e o acompañamento da banda de música Unión Musical de Coruxo . Ao finalizar a procesión, corais de ACOPOVI cantarán ao Cristo en Porta do Sol.

Imposición de medallas a los nuevos cofrades | © Cofradía del Cristo de la Victoria de Vigo
« de 12 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp