Desde hai máis de 60 anos, a parroquia de San Paio de Alxén (Salvaterra do Miño) realiza un Belén con máis de 300 pezas artesanais sobre unha superficie de 25 metros cadrados que está ao dispor do público no salón parroquial —situado á beira do templo—.
O artífice desta obra é o fregués de San Paio, Marcos Blanco, que busca, a través desta tradición, representar diferentes oficios da época como o pastoreo, a pesca, o comercio, a carpintería, etc. Ademais, Blanco destaca “o seu relevo, unha semellanza entre a paisaxe de Belén e o noso galego, no que se coidan os elementos naturais e os detalles paisaxísticos”.
Ata o 9 de xaneiro, o Belén de Alxén estará aberto ao público de luns a venres en horario de mañá —de 11 a 13 horas— ou de tarde —de 17 a 19 horas—, seguindo as medidas de hixiene e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19.