24 de Abril de 2025,
San Fidel de Sigmaringa

Máis de 600 persoas en grupos organizados acudirán á ordenación de D. Antonio Valín

Máis de 600 persoas en grupos organizados acudirán á ordenación de D. Antonio Valín

Desde o pasado mes de xuño, a diocese de Tui-Vigo está a organizar a ordenación e toma de posesión do bispo electo D. Antonio Valín Valdés, que terá lugar na catedral tudense, o sábado 20 de xullo, ás 11.00 horas. Para facilitar e garantir un asento durante a celebración, solicitouse a inscrición de grupos organizados; unha inscrición que alcanzou, ata o día de hoxe, a cifra de 636 persoas rexistradas do territorio diocesano; tamén se inscribiron 205 da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Tal e como se anunciou recentemente, á cerimonia tamén asistirán 18 prelados de España e Portugal, aos que se sumarán, aproximadamente, máis dun centenar de sacerdotes das diocese tudense e mindoniense. En total, convidouse a 90 autoridades civís e militares, moitas das cuales confirmaron a súa asistencia.

Así mesmo, para que sacerdotes con-celebrantes e fieis poidan seguir devotamente a celebración, habilitáronse un total de 7 pantallas no interior do templo, 4 no claustro —anexo á catedral— e na exterior —Praza de San Fernando—. Quen non poidan asistir presencialmente poderán seguir a celebración, en directo, a través de TRECE TV, Radio María ou a canle de YouTube da diocese de Tui-Vigo[MCS1] .

As persoas que queiran asistir á celebración e non formen parte dun grupo organizado poderán acceder á catedral e ao claustro a partir das 10.15 horas, ata completar o aforo.

A diocese de Tui-Vigo agradece o esforzo de todas as persoas voluntarias, así como das institucións implicadas na organización desta cerimonia de gran importancia para a vida de la Iglesia diocesana, xa que, desde 1910, non se celebrou  ningunha ordenación episcopal na catedral tudense. O último sacerdote ordenado bispo foi o tudense Mons. Manuel Lago González, bispo de Osma, posteriormente de Tui e, finalmente, arcebispo de Santiago de Compostela. Todos os bispos designados desde entón para rexer esta diocese xa recibiran, previamente, o sacramento da orde episcopal.