O 17 de outubro comezou a fase diocesana do Sínodo dos Bispos 2023 «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión», na que participaron un total de 736 persoas de diferentes realidades eclesiais —parroquias, membros de vida consagrada, asociacións e movementos laicais, etc.—, o que supuxo a creación de 69 grupos sinodais que, ao longo dos últimos meses, enviaron as súas conclusións á Secretaria diocesana para o Sínodo 2023. A Síntese que recolle as achegas destes 69 grupos sinodais presentouse o pasado 8 de maio nunha asemblea final que tivo lugar no Colexio San Xosé de Cluny.
A síntese da diocese de Tui-Vigo dividiuse en sete bloques —os mesmos empregados para a elaboración do documento de traballo a nivel diocesano—, que se enviaron á Conferencia Episcopal Española para a elaboración da síntese que, o pasado sábado 11 de xuño, presentouse na Fundación Paolo VI de Madrid nun documento que recolle as achegas realizadas polas 70 dioceses españolas.
Ambas as sínteses poden consultarse na web diocesana, no apartado creado para o Sínodo «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión».
Imáxenes de algúns grupos sinodais da diocese de Tui-Vigo
Por unha Igrexa sinodal
Toda a información sobre o Sínodo dos Bispos 2021-2023 «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión» está recollida nun apartado da web diocesana