3/12/2022

,

San Francisco Javier
3/12/2022

,

San Francisco Javier

Máis de 94  mil euros para o Domund en 2021

Máis de 94  mil euros para o Domund en 2021
Foto: Ximena Cabezas, misionera de Cristo Jesús en Congo, Camerún y Chad | © OMP

Segundo os datos achegados pola delegación diocesana de Misións e Cooperación entre as Igrexas, no ano 2021, a diocese de Tui-Vigo recadou 94.645 euros para soster a presenza da Igrexa católica  nos 1.117 Territorios de Misión, nos que se celebra un de cada tres bautismos do mundo. Como cada ano, o terceiro domingo de outubro —este ano será o 23 de outubrocelébrase o Domingo Mundial das Misións, máis coñecido como o Domund, que convoca Obras Misionais Pontificias (OMP), a canle da Igrexa para o sostemento dos Territorios de Misión.

No ano 2021, produciuse un aumento da recadación en relación ao exercicio anterior que corresponde ao ano 2020, marcado pola presenza das restricións nos lugares de culto  por mor da pandemia da covid-19, e que apenas supera o 89 mil euros —cifra exacta: 89.067 euros—. A través dun comunicado publicado o pasado mes de setembro, Jose Antonio García, delegado de Misións e Cooperación entre as Igrexas de Tui-Vigo, agradecía a todos os colaboradores do Domund, «ademais da túa actividade pastoral diaria e escondida, a promoción do espírito misioneiro do Pobo de Deus e o apoio ás Misións que se concreta, especialmente, ano tras ano, na campaña do Domund».

España, con máis de 10 mil misioneiros repartido por todo o mundo, é o segundo país que máis colabora co Domund —por detrás de Estados Unidos—, contribuíndo, deste xeito, ao sostemento desas Igrexas novo que, tras ser fundadas por misioneiros, están aínda en crecemento e non son autosuficientes nin humana nin economicamente. Grazas á xenerosidade dos españois, durante o ano 2021 no que case se alcanzan os 13 millóns de euros na recadación do Domund, puidéronse beneficiar —co recadado en 2020— 74 países de todo o mundo, mediante o financiamento de 453 proxectos destinados ao sostemento xeral, a formación de catequistas ou a compra de equipamento, entre outros.

Baixo o lema deste ano «Seredes as miñas testemuñas», Obras Misionais Pontificias lembra que o Domund é a gran oportunidade para unirse e formar parte da misión da Igrexa. Desde a delegación de Misións de Tui-Vigo convida a todos os diocesanos e diocesanas a ser testemuñas deste labor de tres maneiras:  unha forma sinxela que,  segundo o Papa Francisco, é a primeira obra misional é a oración; outra forma de participación activa na misión da Igrexa é a colaboración económica na Xornada do Domund ou ao longo do ano; e, finalmente, convídase a ofrecer o tempo persoal xa sexa como voluntarios —en España contamos con 1.689 voluntarios nas delegacións diocesanas e parroquias— ou como misioneiros  —cada ano, desde España, un 10 mil acodes dedican o tempo a facer unha experiencia misioneira—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp