14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

Máis dun centenar de persoas participaron no Xubileu das Persoas con Discapacidade

Máis dun centenar de persoas participaron no Xubileu das Persoas con Discapacidade

Tras ser recoñecido recentemente como lugar xubilar para as persoas con discapacidade durante o ano 2025, onte, 27 de maio, máis dun centenar de persoas participaron na celebración do Xubileu das Persoas con Discapacidade no Fogar-Clínica San Rafael en Vigo. Foi unha xornada marcada pola emoción, a alegría compartida e o compromiso coa inclusión na que participaron persoas usuarias do centro e doutras entidades como EVD de Mos, as Irmás Hospitalarias de Betanzos, ACEESCA Porriño e os Irmáns Misioneiros Pobres de Teis .

O programa comezou cunha eucaristía presidida polo bispo da diocese de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, quen dirixiu unhas palabras de alento e recoñecemento ás persoas con discapacidade e a quen traballa día a día para dar resposta ás súas necesidades e axúdanlles a mellorar a súa calidade de vida.

A continuación, o grupo de teatro do Colexio de Educación Especial FC San Rafael representou a obra de teatro de sombras «O Monstro de Cores», que emocionou ao público pola súa sensibilidade e mensaxe. Tras a comida, deuse paso á festa final na que se puxo de manifesto o valor do encontro, o respecto á diversidade e a forza da comunidade.