11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours
11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours

Máis dunha decena de persoas asisten ao encontro formativo de «Escola de familias»

Máis dunha decena de persoas asisten ao encontro formativo de «Escola de familias»
FOTO.- Asistentes a la formación para responsables de «Escuelas de familias» | © Leandro Rivero

O sábado 5 de outubro, nos locais parroquiais da Nosa Señora do Rocío en Vigo, máis dunha decena de persoas asistiron ao primeiro encontro de formación para axentes de pastoral responsables de «Escolas de familias» nas súas respectivas parroquias. A iniciativa, promovida polas delegacións de Catequeses e Pastoral Familiar, ofrece materiais e claves pare acompañar a pais e nais na tarefa de educar aos fillos

As «Escolas de familias» son espazos de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais, pensados para desenvolverse no ámbito da comunidade parroquial. A iniciativa ten de un dobre carácter comunitario: por unha banda, diocesano, xa que son as delegacións as encargadas de acompañar e formar a todas aquelas parroquias interesadas neste espazo de encontro para familias; e, por outra banda, parroquial, pois as familias interesadas en asistir a estes encontros mensuais deberán facelo nas súas parroquias de referencia. En definitiva, trátase dun proxecto para toda a Igrexa diocesana que quere afianzar a pastoral familiar no seu ámbito concreto.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp