19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Manos Unidas presenta a súa campaña contra a fame de 2026

Manos Unidas presenta a súa campaña contra a fame de 2026

Manos Unidas presenta a súa campaña para este 2026 co lema «Declara a guerra á fame» e cun reto principal: a paz. Esta campaña é unha chamada urxente a combatir as causas profundas da violencia -entre elas a fame-, unha chamada a falar de paz ante un mundo marcado polos conflitos. Según explican dende Manos Unidas, a fame é unha arma silenciosa e máis letal que as de guerra, e que lamentablemente moitas veces úsase como estratexia.

Porque onde hai desigualdade, fame e pobreza, a paz vólvese fráxil e o futuro, incerto.

PROGRAMACIÓN NA DIOCESE DE TUI-VIGO

Dende a diocese de Tui-Vigo teremos a oportunidade de celebrar esta campaña a través de diversos actos que terán lugar ó longo da semana, rematando o día 8 de febreiro, día da Xornada Nacional de Manos Unidas.

O lunes 2 de febreiro haberá un encontro cos alumnos do Colexio San Xosé de Cluny, no que participarán Laura Lorenzo, invitada de campaña, e Adrián González, delegado. Ás 19H será a Eucaristía, na Parroquia de Santa María de O Porriño.

O martes 3 de febreiro o alumnado de Bacharelato do IES Rosais II terá un encontro, continuando os actos do martes coa Eucaristía de inauguración de campaña, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. A misa vai ser no templo parroquial da Inmaculada Concepción de Santa María (Rúa Toledo, 5), ás 18:30H. Tras esto, a testemuña de Laura Lorenzo, especialista en cooperación internacional que contará a súa experiencia en proxectos de África e América Latina.

O mércores 4 de febreiro os encontros serán co Colexio San Paio de Tui, con alumnos de ESO y Bacharelato, e ás 19H a Eucaristía na Parroquia de Santo André de Valadares.

Os actos de campaña conclúen o domingo 8 de febreiro, día propio da Xornada Nacional de Manos Unidas. Neste día realizaránse colectas especiais nas parroquias, destinadas a apoiar os proxectos de desenvolvemento de Manos Unidas.