5/12/2022

,

San Sabas
5/12/2022

,

San Sabas

Mans Unidas de Tui-Vigo convídate a descubrir as causas da fame nun mundo desigual

Mans Unidas de Tui-Vigo convídate a descubrir as causas da fame nun mundo desigual

O xoves 20 de outubro, ás 10 horas, a delegación de Mans Unidas de Tui-Vigo únese á mesa redonda «828 millóns. Por que? Causas da fame nun mundo desigual», para analizar e denunciar as causas do aumento da fame no mundo, así como para discutir e propor liñas de actuación que contribúan a garantir o dereito á alimentación das poboacións máis vulnerables. A mesa redonda terá lugar, de maneira presencial, na Asociación da Prensa de Madrid (APM), organizada pola sede central de Mans Unidas, pero as persoas interesadas poderán participar de maneira online a través da seguinte ligazón.

Nesta iniciativa, convocada no marco da Semana contra a Pobreza e o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza —17 de outubro—, participarán: a académica Elena de Luis Romero, especialista en dereito á alimentación da Universidade Carlos III; Fidele Podga, coordinador de Estudos de Mans Unidas e José Luis Orpella, sacerdote e socio local da ONG en Garissa , Kenia.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp