5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

Mans Unidas de Tui-Vigo recada máis de 172 mil euros na súa loita contra a fame

Mans Unidas de Tui-Vigo recada máis de 172 mil euros na súa loita contra a fame
Foto: Manos Unidas de Tui-Vigo inaugura la campaña «Contra el hambre» 2021 | © Alba Villar para Faro de Vigo.

A piques de comezar unha nova campaña «Contra a fame» de Mans Unidas, a delegación diocesana de Tui-Vigo quere agradecer a todas as persoas que, durante o ano 2021, contribuíron á recadación de 172.266,3€ para o fondo nacional da organización da Igrexa católica en España, que se encarga da loita contra a pobreza que sofren os pobos máis excluídos do planeta.

Alcanzar esta cifra foi posible grazas á xenerosidade de particulares, empresas, asociacións, parroquias e ordes relixiosas presentes no territorio eclesial da diocese que deron un paso á fronte, deixando a súa indiferenza ao carón para tentar erradicar a fame no mundo. A maior achega realizárona os particulares —sumando preto de 115 mil euros—, seguida das 276 parroquias da diocese —con máis de 45,5 mil euros—, as ordes relixiosas —preto de 10 mil— e, finalmente, as empresas e asociacións —con pouco máis de 2 mil euros—.

O diñeiro recadado irá parar ao fondo de Mans Unidas España, desde onde se repartirá entre máis de 500 proxectos que a organización promove en 53 países de África, América e Asia.  Durante o 2021, por exemplo, na localidade de  Rumbek —Sudán do sur—, púxose en marcha un proxecto de sensibilización da sociedade en dereitos para favorecer a transformación social, do que se beneficiaron directamente 770 persoas —de maneira indirecta, os beneficiarvos foron 600.000— . A iniciativa foi promovida por Radio  Good News, unha emisora diocesana cunha audiencia estimada de 1,2 millóns de persoas, que solicitou a colaboración de Mans Unidas para producir e emitir durante un ano programas radiofónicos dedicados a concienciar á poboación sobre a necesidade de abandonar as armas e difundir a idea da xustiza e o acatamento das leis, así como advertir achega do problema dos matrimonios forzosos temperáns, que interrompen a educación das nenas.

O vindeiro domingo 13 de febreiro, Mans Unidas comezará a súa 63 campaña «Contra a fame», baixo o lema «A nosa indiferenza os condena ao esquecemento». Na nosa diocese, a delegación inaugurará a campaña cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ás 20:30 horas do luns 14 de febreiro, no templo parroquial do Corazón de María de Vigo. Esta cita supón unha oportunidade para materializar ese agradecemento polo esforzo solidario que realizaron os colaboradores e voluntarios da delegación, ao longo de todo o ano 2021 —un ano marcado pola crise sanitaria, que tamén afectou aos fieis da Igrexa tudense—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp