20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Mans Unidas inaugurou a campaña «Contra a fame» 2025

Mans Unidas inaugurou a campaña «Contra a fame» 2025
FOTO.- Equipo de voluntarios de Manos Unidas con el obispo de Tui-Vigo | © Diocese de Tui-Vigo

O mércores 5 de febreiro, no templo parroquial de Santa Marta, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidiu a eucaristía de inauguración da campaña «Contra a fame» 2025 que Mans Unidas convoca baixo o lema «Compartir é a nosa maior riqueza». Finalizada a celebración, o misioneiro galego, Manuel Carreira Sebio, do Instituto dos Irmáns de Escolas Cristiás —irmáns de La Salle—, compartiu o seu testemuño e falou do labor que a ONG de la Iglesia católica en España desenvolve en todo o mundo.

O prelado tudense destacou que «Mans Unidas proponnos, sempre, un cambio de actitude, de mentalidade: no canto de estar a pensar soamente no noso propio benestar, convídanos a pensar no benestar de todos». Neste sentido, subliñou que para os cristiáns non basta con compartir o que nos sobra, senón que é preciso compartirnos, é dicir, «compartir o que temos e o que somos. Este é o estilo que o noso Deus nos pide e, tamén, o estilo de Mans Unidas: compartir como riqueza, compartir para ser máis xustos». Finalmente, Mons. Antonio Valín agradeceu o labor de todos o voluntarios e voluntarias de Mans Unidas que, na diocese de Tui-Vigo e en todo o mundo, contribúen a mellorar e dignificar a vida de tantas persoas, loitando contra a fame e a desnutrición.

Aínda que as colectas dominicais do 9 de febreiro destínanse  a soster o labor desenvolvido por Mans Unidas, a campaña «Contra a fame» continuará activa durante os próximos meses. Así, todas aquelas persoas que desexen colaborar coa entidade poderán facelo sumándose como voluntarios ou mediante unha achega económica que se pode realizar a través da web de Mans Unidas.

Na actualidade, Mans Unidas aprobou 550 proxectos de desenvolvemento en 51 países de África, América e Asia, o que supón unha axuda directa a 1.22.835 de persoas, grazas á colaboración de 71.442 socios. Conta con 72 delegacións repartidas por España, nas que colaboran máis de 6 mil voluntarios.