25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Mans Unidas loita contra a indiferenza da pobreza

Mans Unidas loita contra a indiferenza da pobreza
Foto: Cartel de la campaña «Contra el hambre» 2022, de Manos Unidas.

O noso mundo viuse golpeado hai case dous anos pola pandemia da COVID-19, que cambiou a realidade que nos toca vivir. O coronavirus non só puxo ao mundo en xaque en canto a saúde refírese, senón que agravou a desigualdade e o número de persoas con fame aguda no planeta.

A actual crise social e sanitaria, que veu a sumarse de maneira catastrófica á crise económica e ambiental, que xa convertía a vida de millóns de persoas nun desafío case insalvable, empuxará a outros 500 millóns de persoas á pobreza. E, se non facemos algo urxente, a fame podería alcanzar a máis de mil millóns de persoas nos próximos anos.

Pero, por desgraza, estas cifras esconden rostros de seres humanos que non temos tempo nin de mirar nin de ter presentes. Vivimos nunha sociedade marcada polo individualismo na que a desigualdade parécenos algo normal. E cos nosos comportamentos e actitudes condenamos e marxinamos a millóns de seres humanos.

Non podemos seguir ignorando a dura realidade que viven millóns de persoas no mundo que, cada día, están a volverse máis invisibles e máis esquecidos por mor da nosa indiferenza. Non querer ver a desigualdade fará invisibles ás persoas máis pobres do planeta.

Co lema “A nosa indiferenza condénaos ao esquecemento”, queremos alzar a voz ante a crecente indiferenza que se está instaurando no noso mundo, pois constitúe un dos maiores desafíos da nosa Institución e queremos denuncialo nesta Campaña. Queremos espertar conciencias  anestesiadas para que ninguén quede atrás, porque non é posible construír un mundo diferente con xente indiferente.

Se non reaccionamos, sen a nosa mirada, atención e apoio, os máis pobres do planeta serán esquecidos e faranse invisibles. Que a pobreza e a fame non sexan invisibles depende de ti. Actúa!

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp