As delegacións de Mans Unidas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela organizan o III encontro de xuventude de Galicia para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que desexen coñecer o labor que desenvolve a ONG de desenvolvemento da Igrexa católica en España. Esta xornada terá lugar na sede da delegación compostelá, o sábado 2 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas. Os interesados poden inscribir ou solicitar máis información a través do número de teléfono: 606 59 20 12.
Durante a xornada, presentarase a identidade de Mans Unidas e o labor que desenvolve en todo o mundo. Acto seguido darase a coñecer a estratexia e o itinerario para o voluntariado novo, creada pola organización. Tamén se compartirá o calendario de actividades e diversas propostas para exercer o voluntariado. Ademais da formación recibida, Mans Unidas ofrece a posibilidade de prolongar o encontro cunha comida compartida de confraternización para intercambiar opinións de maneira distendida.
Mans Unidas é a ONG de desenvolvemento da Igrexa Católica que traballa para apoiar os pobos do sur no seu desenvolvemento e para sensibilizar á poboación española. A misión desta organización, conformada por unha sede de Servizos Centrais e 72 delegacións situadas no territorio español, é loitar contra a fame, o subdesarrollo e a falta de instrución, á vez que traballa para erradicar as causas estruturais que as producen.
