29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

Mans Unidas de Tui-Vigo quere mellorar a saúde materna na India

Mans Unidas de Tui-Vigo quere mellorar a saúde materna na India

Baixo o lema «Contaxia solidariedade para acabar coa fame» a delegación de Mans Unidas de Tui-Vigo celebra a edición nº 62 da campaña contra a fame.

Mans Unidas convoca, cada ano, un día “xaxún voluntario” —o venres previo á campaña— para sensibilizar e visibilizar a problemática da fame xerada en todo o mundo, especialmente, nos países menos desenvolvidos. Na Diocese de Tui-Vigo, a delegación diocesana convida a toda a comunidade a participar na oración que celebrarán o venres 12 de febreiro na parroquia do Corazón de María —situada na rúa Honduras— ás 20 horas no marco da campaña «Contaxia solidariedade para acabar coa fame».

O domingo, 14 de febreiro, as colectas parroquiais serán destinadas ao financiamento do proxecto escollido pola delegación de Tui-Vigo: un Programa comunitario para a mellora da saúde materna no distrito de  Varanasi no Estado de  Uttar  Pradesh na India que, orzado en 68.000€ e cunha duración de 24 meses, ten como beneficiadas directas a 2.500 mulleres e indirectas a 12.500 familiares.

Desde a delegación, animan ás parroquias diocesanas a visibilizar a campaña deste ano a través da lectura da carta pastoral que o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, publicou o pasado sábado na que lembra que «o compromiso de Mans quérenos unir a todos na loita contra a fame e a pobreza nos países do terceiro mundo». Os voluntarios e voluntarias da delegación de Mans Unidas residentes na cidade de Vigo lerán a carta do bispo de Tui-Vigo na eucaristía da parroquia de San Xosé Obreiro —próxima aos locais da delegación— ás 19:30 horas. O nivel máximo de alerta no que se sumiu Galicia imposibilita os desprazamentos entre concellos pero, a pesar diso, Mans Unidas de Tui-Vigo anima a todos os diocesanos e diocesanas a unirse  espiritualmente a estes encontros desde as súas casas e/ou as súas parroquias, mediante os materiais que se poden atopar na web  oficinal dos servizos centrais.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp